Reclama
os GASTOS
da tua HIPOTECA
Recuperamos os gastos da túa hipoteca, vixente ou cancelada. Tes dereito a que o banco co que concertaches o teu préstamo hipotecario che devolva gastos de notaría, rexistro da propiedade, xestoría e taxación do inmoble hipotecado.
Somos un equipo de especialistas xurídicos e financeiros que tramitamo-la reclamación dos gastos da túa hipoteca a custo cero. Encargámonos de todo o proceso, extraxudicial e xudicial, e levaremos a cabo o traballo sen provisións de fondos nin porcentaxes sobre os importes dos gastos que o banco teña que devolverche. Estamos tan convencidos da eficacia do noso traballo que lle cobraremos ao banco os custos que conleve a reclamación que nos encomendes.
Actualmente, xa contamos con un 100% de sentencias favorables obtidas fronte aos principais bancos de España, como Banco Santander, BBVA, Abanca, Kutxabank, Caixa Rural Galega, Caixabank, Bankia …
Reclama con nos de un modo seguro, sen moverte de casa ou, se o prefires, podes vir a coñecernos personalmente en calquera dos nosos despachos colaboradores. Solo traballamos na provincia de Lugo porque, se contas con nós, estaremos da túa parte e, sobre todo, queremos estar ao teu carón.
EQUIPO ESPECIALIZADO
O noso equipo conta con ECONOMISTAS E XURISTAS ESPECIALIZADOS en reclamacións frente a cláusulas abusivas dos Bancos ou das entidades financieiras. Moitos afectados xa conseguiron recuperar os seus cartos.
PROXIMIDADE AO AFECTADO
Buscamos TRATO DIFERENCIADO para cada afectado polos abusos bancarios. As hipotecas non son todas iguáis nin as reclamacións poden ser idénticas. Por iso, o noso equipo só leva asuntos na provincia de LUGO.
RECLAMACIÓN A CUSTO CERO
Encargámonos de xestionar as reclamacións frente aos bancos ou entidades financieiras A CUSTO CERO para ti. Entréganos ou envíanos unha copia da tua escritura e nos encargamos de todo.
TRAMITACIÓN 'ON-LINE' OU PERSOAL
Podes tramitar as túas reclamacións de xeito persoal ou, se o prefires, PODES FACELAS 'ON-LINE', aforrando desprazamentos e perdas de tempo.
Reclama
DENDE A TÚA CASA
Pódesnos encargar a tramitación da tua reclamación de forma persoal en algún dos despachos da nosa rede na provincia de LUGO. Si o prefires, tamén estamos preparados para que poidas realizar toda as xestións DENDE A TÚA PROPIA CASA.
Contacta con nós por teléfono, whatsapp ou correo electrónico e informaremos DE FORMA TOTALMENTE GRATUÍTA.
CENTRAL
Cruz 12
27001 LUGO
REDE DE COLABORADORES
-
A Fonsagrada
-
A Pontenova
-
Becerreá
-
Burela
-
Chantada
-
Mondoñedo
-
Monforte de Lemos
-
Monterroso
-
Ribadeo
-
Sarria
-
Vilalba
-
Viveiro